viernes, 30 de marzo de 2012
O blog como ferramenta de orientacion
O artigo ofrece a seguinte definición do que é un blog: páxina web onde hai mensaxes ou publicacións ordenadas cronoloxicamente escritas por unha ou varias persoas, sobre un tema en particular a modo de diario on-line.
Partindo da definición de blog (páxina web onde hai mensaxes ou publicacións ordenadas cronoloxicamente escritas por unha ou varias persoas, sobre un tema en particular a modo de diario on-line) expóñense as características máis relevantes dos blogs: os lectores poden deixar comentarios, ofrecen a posibilidade de elaborar unha lista con ligazóns a outros blogs, crean un arquivo coas publicacións anteriores, etc.
Como recurso educativo o blog ofrece as seguintes posibilidades: o alumno é protagonista da aprendizaxe, é unha ferramenta de facil manexo, o traballo está accesible a través de Internet, os alumnos interactúan ( poden realizar comentarios sobre o publicado).
Ademáis preséntase o proceso paso a paso para crear un blog utilizando o sistema de Google Blogger, o xeito de publicar unha información no mesmo e clasificala mediante etiquetas e os pasos para engadir unha imaxe, un video ou unha presentación desde un arquivo ou desde Internet. Tamén se fan referencias á creación dun perfil da persoa que publica o blog.
Tamén indicanse aspectos da configuración do mesmo (características e deseño) e as posibilidades que ofrece como: regular os comentarios ou incluir a outras persoas que poden participar e poden colaborar para crear un blog colectivo.
En suma, o artigo amosa a importancia do blog como recurso educativo, as súas ventaxas e expón as posibilidades que ofrece.
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario