viernes, 30 de marzo de 2012
O blog como ferramenta na Orientación Educativa
Neste documento Daniel Veiga, orientador do IES García Barbón de Verín (Ourense) ocúpase da creación de blogs para o Departamento de Orientación dun Instituto de Educación Secundaria, aínda que a súa aplicabilidade esténdese a outros niveis educativos e a todo tipo de profesorado. Daniel fainos ver o útil que é un blog para o noso traballo, ben coma orientadores, ben coma educadores; destacando varios aspectos: potencia a participación, a interactividade, posibilita a sindicación de contidos, e ofrécenos sistema de almacenamento e organización da información. En suma, o blog convírtese nun espazo de aprendizaxe que permite variadas aplicacións pedagóxicas. Neste documento Daniel Veiga vai presentando algunhas das opcións que temos para crear os nosos blogs: blogia.com, blogoteca.com, blogaliza.org e blogines.com. Unha boa ilustración deste traballo é a actividade “Orientarse con internet”, do departamento de Orientación do IES "García Barbón", coa que se pretende dotar ó alumnado das habilidades necesarias para el uso educativo de internet, no eido da orientación académica-profesional. O autor explica a creación do blog paso a paso dun xeito moi didáctico. Un artigo moi útil para todos aqueles que empezan a familiarizarse coas técnicas da web 2.0.
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario