viernes, 30 de marzo de 2012

8 motivos para crear o teu blog en 2012

Presentamos un blog no que se describen as vantaxes do uso do blog na tarefa educativa: reflexionar a posteriori sobre a evolución do teu traballo, progresar nas competencias TIC, comunicar con outros profesionais da educación, e do mesmo modo cos alumnos e pais, mellorar a presentación oral e escrita, desenvolver aspectos máis creativos e expandir as oportunidades profesionais do responsable do blog, e dalgún xeito cambiar a imaxe pública do docente.

O blog como ferramenta de orientacion

O artigo ofrece a seguinte definición do que é un blog: páxina web onde hai mensaxes ou publicacións ordenadas cronoloxicamente escritas por unha ou varias persoas, sobre un tema en particular a modo de diario on-line. Partindo da definición de blog (páxina web onde hai mensaxes ou publicacións ordenadas cronoloxicamente escritas por unha ou varias persoas, sobre un tema en particular a modo de diario on-line) expóñense as características máis relevantes dos blogs: os lectores poden deixar comentarios, ofrecen a posibilidade de elaborar unha lista con ligazóns a outros blogs, crean un arquivo coas publicacións anteriores, etc. Como recurso educativo o blog ofrece as seguintes posibilidades: o alumno é protagonista da aprendizaxe, é unha ferramenta de facil manexo, o traballo está accesible a través de Internet, os alumnos interactúan ( poden realizar comentarios sobre o publicado). Ademáis preséntase o proceso paso a paso para crear un blog utilizando o sistema de Google Blogger, o xeito de publicar unha información no mesmo e clasificala mediante etiquetas e os pasos para engadir unha imaxe, un video ou unha presentación desde un arquivo ou desde Internet. Tamén se fan referencias á creación dun perfil da persoa que publica o blog. Tamén indicanse aspectos da configuración do mesmo (características e deseño) e as posibilidades que ofrece como: regular os comentarios ou incluir a outras persoas que poden participar e poden colaborar para crear un blog colectivo. En suma, o artigo amosa a importancia do blog como recurso educativo, as súas ventaxas e expón as posibilidades que ofrece.

O blog como ferramenta na Orientación Educativa


Neste documento Daniel Veiga, orientador do IES García Barbón de Verín (Ourense) ocúpase da creación de blogs para o Departamento de Orientación dun Instituto de Educación Secundaria, aínda que a súa aplicabilidade esténdese a outros niveis educativos e a todo tipo de profesorado. Daniel fainos ver o útil que é un blog para o noso traballo, ben coma orientadores, ben coma educadores; destacando varios aspectos: potencia a participación, a interactividade, posibilita a sindicación de contidos, e ofrécenos sistema de almacenamento e organización da información. En suma, o blog convírtese nun espazo de aprendizaxe que permite variadas aplicacións pedagóxicas. Neste documento Daniel Veiga vai presentando algunhas das opcións que temos para crear os nosos blogs: blogia.com, blogoteca.com, blogaliza.org e blogines.com. Unha boa ilustración deste traballo é a actividade “Orientarse con internet”, do departamento de Orientación do IES "García Barbón", coa que se pretende dotar ó alumnado das habilidades necesarias para el uso educativo de internet, no eido da orientación académica-profesional. O autor explica a creación do blog paso a paso dun xeito moi didáctico. Un artigo moi útil para todos aqueles que empezan a familiarizarse coas técnicas da web 2.0.