miércoles, 25 de abril de 2012

Orientación TIC

Portal moi gráfico, cun deseño atraínte, moi traballado Despois da primeira vista aparece como superficial e desorganizado, aínda que os recursos citados son moi interesantes.
Moito ruido e poucas noces.
Pouco recomendable. Puntuación: 4/10.
De todos modos, grazas a e el cheguei a educ.ar "El portal educativo del Estado argentino", no que pasei máis tempo e dun xeito máis rendible. Aquí estiven enterándome dos entornos persoais de aprendizaxe (PLE), un novo concepto que integra as ferramentas actuais da rede no noso eido propio de aprendizaxe.

Estudiantes.info (portal joven - educación secudaria)

En principio parece un blog interesante sobre as técnicas de estudio, pero despois dun rato os anuncios fanse moi molestos.
Diríase que o único ánimo do blog é o de lucro. Difícil seguir o fío das entradas entre os recadros de anuncios.
Non recomendable. Puntuación: 0/10.

¿Y yo qué hago? (un blog de orientación académico profesional para secundaria)


Blog de David Muñoz López, Orientador no IES Renacimiento (Madrid), centrado na información a alumnos e familias, tanto dos cursos finais da ESO como de bacharelato.
Todas as entradas do blog son relevantes e van acompañadas de elementos gráficos que fan máis accesible e ameno o contido.
Moi orixinal a sección "¿Y yo qué escucho?" na que se ofrece cada mes unha recomendación musical.
Tamén ten unha sección de dúbidas, na que se responde directamente ás preguntas plantexadas polos visitantes do blog, e unha sección de preguntas frecuentes (faq), na que se explica con moito detalle a estrutura do blog, así como as búsquedas de información dentro deste.
Na columna da dereita temos un preciso sistema de categorías (tags).
Moi recomendable. Puntuación: 9/10.

Dejaqueteoriente (información sobre la orientación educativa)


Blog moi interesante de Carlos Lorda", "Orientador dos Colexios Santa Ana de Zaragoza e Ntra. Sra. del Castillo de Alagón.
O autor ofrécenos presentacións de gran utilidade, algunhas de confección propia. Xa na primeira páxina podemos consultar en forma de slideshare: programa das Xornadas de orientación profesional e académica para alumnos de bacharelato, “Cómo pedir cosas en español”, “Hábitos de comunicación para los padres”, “Sesión de orientación a los alumnos de 4º del programa de diversificación” (propia), “Por qué estudiar FP” (tamén propia do autor).
As entradas do blog vanse incluíndo nas seguintes categorías: "Aula de Español", "Convivencia", "Encuestas", "Estrategias de Estudio", "Formación", "Interculturalidad", e "Orientación Académica".
A zona de enquisas parece dirixida especialmente ós pais, aspecto a veces deixado un pouco de lado nos blogs de orientación.
Tamén hai un enlace a outro blog que parece moi consultado: "Psicologia de Bachillerato" En suma, un blog recomendable. Puntuación: 7/10.

viernes, 30 de marzo de 2012

8 motivos para crear o teu blog en 2012

Presentamos un blog no que se describen as vantaxes do uso do blog na tarefa educativa: reflexionar a posteriori sobre a evolución do teu traballo, progresar nas competencias TIC, comunicar con outros profesionais da educación, e do mesmo modo cos alumnos e pais, mellorar a presentación oral e escrita, desenvolver aspectos máis creativos e expandir as oportunidades profesionais do responsable do blog, e dalgún xeito cambiar a imaxe pública do docente.

O blog como ferramenta de orientacion

O artigo ofrece a seguinte definición do que é un blog: páxina web onde hai mensaxes ou publicacións ordenadas cronoloxicamente escritas por unha ou varias persoas, sobre un tema en particular a modo de diario on-line. Partindo da definición de blog (páxina web onde hai mensaxes ou publicacións ordenadas cronoloxicamente escritas por unha ou varias persoas, sobre un tema en particular a modo de diario on-line) expóñense as características máis relevantes dos blogs: os lectores poden deixar comentarios, ofrecen a posibilidade de elaborar unha lista con ligazóns a outros blogs, crean un arquivo coas publicacións anteriores, etc. Como recurso educativo o blog ofrece as seguintes posibilidades: o alumno é protagonista da aprendizaxe, é unha ferramenta de facil manexo, o traballo está accesible a través de Internet, os alumnos interactúan ( poden realizar comentarios sobre o publicado). Ademáis preséntase o proceso paso a paso para crear un blog utilizando o sistema de Google Blogger, o xeito de publicar unha información no mesmo e clasificala mediante etiquetas e os pasos para engadir unha imaxe, un video ou unha presentación desde un arquivo ou desde Internet. Tamén se fan referencias á creación dun perfil da persoa que publica o blog. Tamén indicanse aspectos da configuración do mesmo (características e deseño) e as posibilidades que ofrece como: regular os comentarios ou incluir a outras persoas que poden participar e poden colaborar para crear un blog colectivo. En suma, o artigo amosa a importancia do blog como recurso educativo, as súas ventaxas e expón as posibilidades que ofrece.

O blog como ferramenta na Orientación Educativa


Neste documento Daniel Veiga, orientador do IES García Barbón de Verín (Ourense) ocúpase da creación de blogs para o Departamento de Orientación dun Instituto de Educación Secundaria, aínda que a súa aplicabilidade esténdese a outros niveis educativos e a todo tipo de profesorado. Daniel fainos ver o útil que é un blog para o noso traballo, ben coma orientadores, ben coma educadores; destacando varios aspectos: potencia a participación, a interactividade, posibilita a sindicación de contidos, e ofrécenos sistema de almacenamento e organización da información. En suma, o blog convírtese nun espazo de aprendizaxe que permite variadas aplicacións pedagóxicas. Neste documento Daniel Veiga vai presentando algunhas das opcións que temos para crear os nosos blogs: blogia.com, blogoteca.com, blogaliza.org e blogines.com. Unha boa ilustración deste traballo é a actividade “Orientarse con internet”, do departamento de Orientación do IES "García Barbón", coa que se pretende dotar ó alumnado das habilidades necesarias para el uso educativo de internet, no eido da orientación académica-profesional. O autor explica a creación do blog paso a paso dun xeito moi didáctico. Un artigo moi útil para todos aqueles que empezan a familiarizarse coas técnicas da web 2.0.